Axenda
A Confederación de Empresarios da Coruña (CEC) celebra o 22 de outubro a segunda edición da xornada A igualdade, un activo para a empresa, tanto en modo presencial coma virtual. Nesta sesión contarase coa participación de grandes empresas e entidades galegas para debater temas como o impulso da igualdade en pequenas empresas do ámbito rural, a opinión de entidades que asesoran as empresas e a situación das compañías con plan de igualdade implantado.
A apertura correrá a cargo de Elena Mancha, Directora Xeral de Relacións Laborais, que falará da importancia da igualdade a nivel social e no ámbito laboral, así como a axenda e os obxectivos da administración autónomica para acadar a igualdade real.
Consulta aquí o programa completo.
Se tes interese en asistir, inscríbete nesta ligazón.