Axenda

Curso teórico-práctico sobre a prevención e tratamento do acoso sexual e por razón de sexo no traballo

Esta formación, que se desenvolverá entre o 20 de outubro e o 20 de novembro, está dirixida a responsables da implantación do protocolo de prevención e actuación por acoso laboral e permitirá ás personas participantes profundizar en conceptos de acoso sexual e por razón de sexo, facilitando a identificación de condutas que poden ser constitutivas do mesmo.

Ademais, trataranse as consecuencias xurídicas do acoso e a súa tipificación na orde penal e administrativa, así como a aplicación de políticas de prevención e tratamento do acoso sexual e por razón de sexo no traballo, proporcionando ás personas participantes as ferramentas e modelos para a posta en práctica destas políticas e as orientacións prácticas para a investigación de situacións de acoso sexual e por razón de sexo no traballo.

As prazas son limitadas e a inscrición estará aberta ata o 13 de outubro

Máis información e o programa completo no campus virtual de Igualdade Laboral