Axenda

Curso básico en igualdade laboral

Esta formación de 8 horas de duración, é un dos cursos que se impartirá no mes de outubro no campus virtual de Igualdade Laboral

Entre o 20 de outubro e o 10 de novembro, esta acción formativa facilitará ao tecido empresarial a incorporación da igualdade laboral, achegando os coñecementos necesarios sobre a negociación dos plans de igualdade, diagnose, igualdade retributiva, medidas para fomentar a igualdade laboral e protocolos para loitar contra o acoso sexual e por razón de sexo. 

Está dirixido a persoal laboral de pemes galegas e interlocutores sociais de Galicia, que poderán acceder aos tres módulos que compoñen o curso durante as 24 horas do día. 

As prazas son limitadas e a inscrición estará aberta ata o 13 de outubro

Máis información sobre o programa do curso e como inscribirse aquí