Axenda

EncontraRSE: II Congreso Iberoamericano de Responsabilidade Social

Do 14 ao 16 de abril celebrarase o EncontraRSE: II Congreso de Responsabilidade Social en Iberoamérica, un dos destinos máis importantes da inversión española e europea e viceversa. Nestas xornadas, que poderán seguirse de forma virtual, darase a oportunidade de coñecer que se está a facer en materia de responsabilidad social empresarial e sustentabilidade nesta rexión.

A organizadora deste congreso é Empresability, Movemento Iberoamericano de Responsabilidade Social, que naceu o ano pasado para fortalecer o ámbito da RSE e favorecer o seu crecemento en toda a contorna iberoamericana. 

Máis información e inscricións nesta ligazón.