Axenda

Charlas contra a basuraleza 2021

Despois dunha exitosa estrea no ano 2020, o Proxecto Libera celebra a segunda edición das súas Charlas contra a basuraleza, os residuos abandonados nos espazos naturais que forman parte do cambio global do planeta. 

O vindeiro 15 de abril, ás 19:00 horas, celebrarase unha sesión en liña na que se seguirán buscando solucións a este fenómeno, ademais de tratar outros temas como a responsabilidade social e a sustentabilidade para que todos e todas sexamos parte do cambio. Participará o xornalista Juan Luis Cano coa axuda de dous expertos en divulgación e ciencia: José Luis Crespo (@QuantumFracture) e Pilar Zorzo, de AEBAM, investigadora e experta en residuos mariños. 

 Podes atopar máis información sobre a sesión e inscribirte aquí. Ademais na súa web, tes dispoñible a primeira destas charlas para ampliar información sobre o tema.