Axenda

Día da Seguridade e a Saúde no Traballo

Dende que a pandemia mundial da COVID-19 chegou ás nosas vidas, a seguridade e a saúde no traballo está máis presente que nunca debido ás numerosas medidas que debemos tomar nos centros de traballo. Cada día que pasa, as persoas traballadoras son máis conscientes da importancia destas medidas e protocolos para evitar a propagación do virus. 

Por iso, neste Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo de 2021 a Organización Mundial do Traballo (OIT) céntrase en sensibilizar á sociedade e estimular o diálogo sobre a necesidade de contar con sistemas de seguridade e saúde no traballo resilientes, que eviten a transmisión do virus e nos axuden a aprender e aproveitar esta experiencia de cara ao futuro, baixo o lema "Anticiparse ás crises, prepararse e responder". 

Podes atopar máis información sobre esta campaña na súa web