Axenda

Día Internacional das Nenas nas TIC

O cuarto xoves do mes de abril celébrase o Día Internacional das Nenas nas TIC, unha das citas anuais que nos axuda no camiño cara a igualdade. Esta xornada, creada pola Unión Internacional de telecomunicacións (UIT), o organismo das Nacións Unidas especializado nas telecomunicacións, ten como fin formentar o interese das nenas no estudo da ciencia e a tecnoloxía, para así rematar coa fenda de xénero existente nas disciplinas tecnolóxicas, que actualmente son as que xeneran un maior volume de oportunidades de emprego. 

Se queres saber máis sobre este día, como naceu e como a inclusión das nenas e as mulleres nas TIC está relacionado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, podes atopar máis información aquí.