Axenda

Congreso: «Horarios, conciliación e novos modelos de organización do traballo na era online»

O congreso nacional, «Horarios, conciliación e novos modelos de organización do traballo na era online», ten como obxectivos: analizar as novas formas de organización do traballo e de interrelacións baseadas nas novas tecnoloxías; crear conciencia sobre a necesidade da igualdade e a corresponsabilidade como factores determinantes no desenvolvemento integral das persoas, benestar e saúde...Todo desde a perspectiva da crise actual na que estamos inmersos pola pandemia e o impacto que ten nestas cuestións.