Agenda

Today
Resto do mes
Mes anteior Día anterior

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /srv/www/htdocs/libraries/cms/html/select.php on line 569
Día seguinte Mes seguinte
Proxecto GEMCAT: acto de presentación

O 27 de outubro terá lugar en Valença do Minho a sesión pública de presentación do Proxecto de Xeración de Emprego de Calidade Transfronteirizo (GEMCAT), no que a Xunta de Galicia participa xunto con Castela e León, Estremadura e, xa en Portugal, a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho, Braga e a Universidade do Porto.

Este acto de presentación contará coa presenza dos representantes das diferentes institucións. Como representante da Xunta de Galicia acode Covadonga Toca, secretaria xeral de Emprego. Ademais de presentarse o proxecto, tamén terá lugar unha conferencia sobre conciliación e unha mesa redonda sobre boas prácticas en materia de RSE, co exemplo da empresa galega M.Caeiro. Pode consultarse o programa completo nesta ligazón.

Sobre GEMCAT

O proxecto GEMCAT ten como obxectivo mellorar a eficiencia das políticas públicas para a creación e o mantemento do emprego de calidade, a través da cooperación da cidadanía e as institucións. As actividades que se leven a cabo xirarán ao redor do diálogo social, a RSE e a demografía - conciliación.