Obxectivos de Desenvolvemento SustentableGlobal Reporting Initiative (GRI)Pacto Mundial das Nacións UnidasSeries ISOAA 1000Ecoetiqueta europeaModelo de Excelencia da EFQM OHSAS 18001RS 10SA8000SGE 21EMASDirectrices da OCDE
Os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible (aprobada polos dirixentes mundiais en setembro de 2015 no cumio das Nacións Unidas) entraron en vigor oficialmente o 1 de xaneiro de 2016. Con estes novos obxectivos, nos vindeiros 15 anos os países intensificarán os esforzos para poñer fin á pobreza, reducir a desigualdade e loitar contra o cambio climático. Ler máis.
É o modelo de elaboración de memorias de RSE máis estendido e consensuado. Establece a nivel global as guías necesarias para aquelas organizacións que, de xeito voluntario, pretendan emitir informes de RSE, proporcionando un marco xeral e común. Ler máis.
Contén unha serie de principios relativos á RSE aos que as empresas se adhiren de maneira voluntaria. É un compromiso público que esixe a presentación periódica de información sobre o progreso acadado. Ler máis.
A Organización Internacional para a Estandarización (ISO) é unha organización non gobernamental que ten por obxectivo harmonizar as diferentes normas sobre xestión que existen no mundo sobre os mesmos aspectos. Existen tres grandes familias de normas ISO: as 9000 sobre calidade; as 14000 sobre ambiente, e a ISO 26000 sobre responsabilidade social, que non é unha norma certificable, senón unha guía para a xestión da RSE na empresa. Ler máis.
Estándar mundial para asegurar a calidade e credibilidade da información sobre RSE. É unha norma non certificable pero auditable. Describe un conxunto de procesos que unha organización pode seguir para contabilizar, xestionar e comunicar a RSE, insistindo na necesidade de definir as actuacións de RSE mediante un diálogo permanente cos grupos de interese. Ler máis.
Pretende promocionar os produtos con menor impacto ambiental. Para recibila os produtos han de cumprir determinados criterios que teñen en conta todos os aspectos do ciclo de vida íntegro do produto, desde a súa produción e utilización, ata a súa eliminación final. Permite ás entidades fabricantes incorporar o logotipo da Ecoetiqueta tanto no produto como na publicidade deste. Ler máis.
É unha ferramenta para a xestión da calidade que posibilita orientar a organización de cara á clientela, sendo un dos seus froitos a sensibilización do equipo directivo e do persoal para mellorar os seus produtos e/ou servizos. A base do modelo é a autoavaliación, entendida como un exame global e sistemático das actividades e resultados dunha organización que se compara cun modelo de excelencia empresarial (normalmente unha organización punteira). Ler máis.
Sistema de xestión da seguridade e saúde laboral. Require que as empresas se comprometan a eliminar ou minimizar riscos para o seu persoal e outras partes interesadas que puideran estar expostas a perigos asociados coas súas actividades.
Este documento establece requisitos para definir, implantar, manter e mellorar un sistema de xestión da responsabilidade social co propósito de lograr a satisfacción dos grupos de interese e o cumprimento da política de RS. A especificación vai dirixida a todo tipo de organizacións, independentemente do seu sector ou tamaño e caracterízase pola súa flexibilidade para adaptarse ás particularidades de cada organización, especialmente no caso das pemes. Ler máis.
Presta atención aos aspectos laborais. Fai referencia a varias normas sobre dereitos humanos que inclúen a Declaración Universal dos Dereitos Humanos e a Convención sobre os Dereitos do Neno das Nacións Unidas. Ler máis.
A norma SGE 21, Sistema de Xestión Ética e Socialmente Responsable, é a primeira norma europea que establece os requisitos que debe cumprir unha organización para integrar na súa estratexia e xestión a RS. Ler máis.
Sistema Comunitario de Ecoxestión e Ecoauditoría é unha ferramenta voluntaria deseñada pola Comisión Europea para a inscrición e recoñecemento público daquelas empresas e organizacións que teñen implantado un sistema de xestión ambiental que lles permite avaliar, xestionar e mellorar os seus impactos ambientais, asegurando un excelente comportamento neste eido. Ler máis.
Son recomendacións aceptadas polos gobernos de distintos países e dirixidas ás empresas multinacionais para que cumpran determinados principios en materia laboral, de ambiente, dereitos humanos, impostos, etc. Aínda que unha empresa non se adhira a elas ou non teñan sido recoñecidas polo goberno dun país, calquera particular pode demandar a unha empresa que viole os seus enunciados. Ler máis.