• image

    PROXECTO GEMCAT

    21 de agosto: fin de prazo para participar na segunda edición dos Premios Transfronteirizos de Conciliación e Igualdade

    Envía a túa candidatura

  • image

    XERACIÓN RESPONSABLE

    Achegamos a RSE ás persoas mozas de Galicia

    Consultar

  • image

    XUNTA PRO RSE

    Xa está dispoñible a última versión deste software gratuíto

    Descargar

  • image 

    BANCO DE IDEAS

    Que fas para ser máis responsable?

    Cubre o formulario

Cal é o nivel de benestar e saúde na túa empresa?

Banco de ideas


Cubre o formulario e comparte connosco as iniciativas responsables da túa empresa.

ver máis

Estratexia galega de RSE


Apostamos por unha Galicia máis igualitaria, máis responsable e competitiva.

ver máis

RSE-Innolab

Coñece a programación desta oficina de asesoramento en materia de responsabilidade social.

ver máis

Xunta PRO RSE

Xunta PRO RSE

Poñemos ao teu dispor esta ferramenta gratuíta para elaborar informes de sustentabilidade.

ver máis

Noticias destacadas

Máis novas

Publicacións RSE

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, elabora diferentes publicacións ao redor da responsabilidade social empresarial.

Apostamos por un tecido empresarial competitivo que tamén medre en valores, e o faga en todos os eidos da responsabilidade social. Por iso apoiamos as empresas, sobre todo pemes, dos sectores produtivos estratéxicos da nosa comunidade coa elaboración de guías que lles sirvan de axuda para aplicar a RSE no seu modelo de negocio.

Ver todas as publicacións

Económico

Carriño de alimentación saudable

imprimirCorreo electrónico

Descrición

Tecalis, empresa especializada en proxectos tecnolóxicos orientados á transformación dixital, incorporou un carriño de alimentación saudable na súa sala de descanso. O carro contén auga mineral e froita variada, que está a disposición dos empregados de xeito totalmente gratuíto, ao igual que a neveira de refrixerio xa existente. 

Nunha compañía onde as persoas traballadoras pasan a maior parte do seu tempo sentados fronte a un ordenador, unha iniciativa como esta ten o obxectivo de fomentar a alimentación saudable entre o persoal, para mellorar a súa saúde e a súa produtividade, así como frear o sedentarismo propio do sector. 

Toda a empresa está implicada nesta idea responsable, xa que a xerencia e o Departamento de Desenvolvemento Corporativo son os encargados de comprar os produtos e o resto do persoal é o que se ocupa da recepción destes e a colocación no carro, organizándose os departamentos mediante un calendario. 

Impacto

Esta acción, xunto con outras campañas internas de fomento da vida saudable, supuxo unha redución drástica das baixas laborais. Ademais, mellorou a comunicación entre departamentos, o que se traduciu nun aumento da implicación do persoal,  así como nunha maior motivación e produtividade. 

A posta en marcha desta idea tamén axudou á empresa a frear a fuga de talentos propia do sector, xa que as persoas que traballan na empresa responden ben ás súas iniciativas responsables e saudables. 

Empresa: Tecalis
Tamaño: 22 empregados
Sector: Tecnolóxico
Web:  www.tecalis.com

Xestión responsable da cadea de provedores a través da colaboración

imprimirCorreo electrónico

Descrición

Amfori é a asociación de comercio global e sostible líder a nivel mundial e ofrece aos seus membros un servizo integral para a xestión responsable da súa cadea de subministración, desde un enfoque social, ambiental e de negocio, desde a perspectiva da importación e exportación.

Entre as prioridades estratéxicas deste ano están o comercio aberto e sostible; o traballo na materia de contratación responsable e en áreas clave coma o traballo forzoso, o tráfico humano e o empoderamento das mulleres, e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas, ofrecendo servizos e ferramentas que lles permitan ás empresas mellorar os aspectos sociais e ambientais nas súas cadeas de subministración.

Un dos principios da asociación é a colaboración. Neste sentido, asinou acordos con diferentes organismos en sectores coma o xoguete, téxtil, químicos... e tamén con gobernos (Marrocos, China, Tailandia...). En España, firmou un acordo de colaboración con Forética para a promoción da RSE na cadea de provedores.

Impacto

As cifras da entidade son: 2.000 membros en todo o mundo, con presenza en 40 países. Un total de 14 redes nacionais, con máis de 60.000 produtores que firmaron un código de conduta e máis de 12.000 cursos completados a través da súa oferta formativa.

Empresa: Amfori
Sector: Comercio sostible
Tamaño: 75 empregados
Web: www.amfori.org

Campaña de sensibilización contra a intrusión na xardinería

imprimirCorreo electrónico

Descrición

Agaexar lanza unha campaña contra a intrusión no sector da xardinería en abril de 2017. Co apoio da Consellería de Economía, Economía e Industria, realizou uns trípticos explicativos dos problemas que se poden atopar os clientes particulares ao contratar a intrusos para o coidado do xardín. A asociación distribúe estes folletos entre as empresas asociadas, co fin de que estas os entreguen xunto cos orzamentos e, así, persuadir aos potenciais clientes sobre o risco de contratar traballos a ilegais. Esta idea apela á responsabilidade dos consumidores.

A campaña non só advirte dos riscos que supón para os clientes, senón que trata de sensibilizalos e comprometelos recordándolles que as empresas legalmente constituídas pagan impostos que reverten na sociedade así como invisten na formación do persoal para mellorar a súa cualificación.

Impacto

Fomento do consumo responsable da sociedade, coa correspondente diminución do intrusismo no sector.

Empresa: Agaexar (Asociación Galega de Empresas de Xardinería)
Sector: Xardinería
Web: http://agaexar.com/

Creación espazos saudables

imprimirCorreo electrónico

Descrición

Creamos espazos para facer actividades físicas e mentais e para aumentar a conciencia medioambiental, zonas de descanso e zonas de formación para condutores. Consideramos o exercicio fisico e mental básico para contribuír a un desenvolvemento saudable do equipo humano. Pretendemos reducir enfermidades, o absentismo e incrementar a motivación, a ilusión e a integración da actitude positiva na convivencia laboral na procura dun benestar integral da empresa que redunde en última instancia na mellora económica de todos.

Impacto

Aumento de beneficios económicos entre os empregados por redución de custos no consumo de auga, electricidade, papel e plásticos e médicos. Aumento da formación e da motivación así como mellora da convivencia laboral e da produtividade na actividade que se leva a cabo.

Empresa: Semacar
Sector: Transporte
Tamaño: 35 empregados
Web: www.semacar.com

Implementar RSE a provedores

imprimirCorreo electrónico

Descrición

Trátase dun paso adiante na cadea da RSE,  non só no que respecta ao labor de Gadis (o cliente), senón involucrando a provedores. Trataríase de invitar a provedores a que participasen activamente en temas de interese social como reparto de alimentos, colaboracións con fundacións, etc. Daríase a coñecer por toda Galicia a través de eventos gastronómicos (feiras alimentarias, festas gastronómicas, etc.).

Impacto

Axudar aos máis necesitados, notoriedade social, imaxe de marca, incremento de vendas por afinidade coa filosofía responsable da organización.

Empresa: Innovo Plus
Sector: Comercial, consultoría e formación
Tamaño: 3 empregados
Web: www.innovoplus.blogspot.com

Servizos integrados de emprego

imprimirCorreo electrónico

Descrición

O Servizo Integrado de Emprego coordina e potencia todo o que xa se está facendo neste ámbito da inserción laboral, con mozos e persoas inmigrantes. O servizo proporciona estratexias adecuadas para a búsqueda, consecución e mantemento dun emprego que favoreza a autonomía persoal.

Impacto

Promoción social, inserción laboral, capacitación laboral... Conséguese que, anualmente, máis de 100 persoas atopen traballo.

Empresa: Fundación Juan Soñador
Sector: Servizos á comunidade
Tamaño: 97 empregados
Web: www.fundacionjuans.org

Cuestionario RSE para provedores

imprimirCorreo electrónico

Descrición

Os nosos provedores son entidades que están perfectamente alineadas coa nosa estratexia de RSE, baseada nunha relación bidireccional de transparencia e confianza. Enviámoslles o Cuestionario RSE aos provedores e animámolos a comprometerse cos principios fundamentais para unha xestión responsable.

Impacto

Fortalecer a aplicación dos Dez Principios do Pacto Mundial na nosa cadea de valor.

Empresa: Metal Ferrol S.A.L.
Sector: Siderometalúrxico
Tamaño: 10 empregados
Web: www.metalferrolsal.es

Xunta de Galicia
Turismo de Galicia
mapaches

betebet yeni giriş, uno de los sitios de apuestas de confianza, tiene una amplia gama de servicios de apuestas. Forma autorizada de servir a sus miembros. El sitio https://girisadresi.mobi/betebet/ el gobierno de Curazao Opera en nuestro país a través de medios legales.
- agario -nakliyat fiyatları çavuşoğlu evden eve nakliyat - agarioagario
sohbet hattıtelefonda sexbahsegel