•   image

    PROXECTO GEMCAT

    Aberta a primeira edición dos Premios Transfronteirizos de Conciliación e Igualdade

    Participa 

  • image

    XERACIÓN RESPONSABLE

    Achegamos a RSE ás persoas mozas de Galicia

    Consultar

  • image

    XUNTA PRO RSE

    Xa está dispoñible a última versión deste software gratuíto

    Descargar

  • image

    EMPREGA SAUDABLE

    Guía de revitalización da empresa

    AUTODIAGNÓSTICO DESCARGAR

Cal é o nivel de benestar e saúde na túa empresa?

Premios RSE Galicia


O prazo para a presentación de candidaturas estará aberto ata o vindeiro 17 de xuño.

ver máis

Estratexia galega de RSE


Apostamos por unha Galicia máis igualitaria, máis responsable e competitiva.

ver máis

RSE-Innolab

Coñece a programación desta oficina de asesoramento en materia de responsabilidade social.

ver máis

Xunta PRO RSE

Xunta PRO RSE

Poñemos ao teu dispor esta ferramenta gratuíta para elaborar informes de sustentabilidade.

ver máis

Noticias destacadas

Máis novas

Publicacións RSE

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, elabora diferentes publicacións ao redor da responsabilidade social empresarial.

Apostamos por un tecido empresarial competitivo que tamén medre en valores, e o faga en todos os eidos da responsabilidade social. Por iso apoiamos as empresas, sobre todo pemes, dos sectores produtivos estratéxicos da nosa comunidade coa elaboración de guías que lles sirvan de axuda para aplicar a RSE no seu modelo de negocio.

Ver todas as publicacións

Social

Alfabeto braille na cosmética

imprimirCorreo electrónico

Coa finalidade de acadar a accesibilidade e a igualdade no colectivo invidente, Kooch Green Cosmetics incorporou un alfabeto en braille en todos os seus produtos. Esta empresa galega naceu baixo uns piares moi claros de coidado do medio ambiente e a responsabilidade social, e emprega procesos de elaboración responsables, veganos e certificables. Para levar a cabo esta acción, contactou coa ONCE co obxectivo de asegurar que o etiquetado fose correcto. Con isto buscan mellorar a calidade de vida deste colectivo, aumentando a súa seguridade e autonomía e recoñecéndoos como unha parte activa máis do mercado. 

Impacto

Este etiquetado posibilita a identificación dos produtos de hixiene por parte de persoas invidentes sen necesidade da axuda de terceiros. 

 

Empresa: Kooch Green Cosmetics S.L.

Tamaño: 2 empregados

Sector: Cosmética

Web: https://koochgreencosmetics.com

 

Convención Motivacional

imprimirCorreo electrónico

Descrición

Todos os anos S4 celebra una Convención Anual Empresarial na que se reúne todo o equipo co obxectivo de presentar resultados e planificar o seguinte exercicio. No ano 2017, ademais deste evento, celebraron no mes de setembro unha Convención Motivacional, na que se pretendía potenciar o traballo en equipo e as sinerxias entre departamentos, animar aos traballadores no último trimestre do ano para superar os obxectivos expostos e favorecer o intercambio de ideas e proxectos. 

Esta convención celebrouse en instalacións alleas ás da empresa, para favorecer a concentración dos empregados fora da súa zona de confort e a súa rutina habitual de traballo; e ademais se repartiron detalles personalizados para fomentar o sentimento de pertenza á organización. 

Impacto

Os resultados desta iniciativa tradúcense nun equipo más motivado, un incremento das vendas grazas á motivación no ámbito comercial e a posta en marcha de novas ideas que xurdiron tralo intercambio de puntos de vista entre departamentos. 

Empresa: S4 Correduría de Seguros e Xerencia de Riscos

Sector: Seguros

Tamaño: 37 empregados

Web: http://s4net.com/

 

Concerto Solidario de Nadal "Por eles"

imprimirCorreo electrónico

Descrición

S4 é unha empresa cun claro obxectivo: mellorar a sociedade na que vivimos a través do seu traballo. Por iso, organiza dende o ano 2012 o Concerto Solidario "Por eles", coa fin de recadar fondos e doalos integramente a unha organización sen ánimo de lucro.

Este concerto nace no contexto da crise económica, a cal aumentou a demanda no Banco de Alimentos de Ourense, unida ao desexo de colaborar con esta institución para darlle visibilidade á labor dos seus voluntarios.

Despois da primeira edición, en 2012, son xa cinco os concertos organizados por S4. En 2013 e 2014, o evento volveu ter lugar en Ourense, a favor da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) e no ano 2016 foi celebrado a favor da AECC de Asturias e a Asociación Galbán de nenos con cancro de Oviedo.

Impacto

Na última edición, en decembro de 2017, asistiron máis de 1000 persoas e se recadaron un total de 10.620,24 euros, que foron doados integramente á Asociación Vigo contra o Cancro. Desta cantidade, o 90% é dedicado á investigación, en concreto ao Proxecto Requite; e o 10% restante, a realizar actividades  cos nenos de oncoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro. 

Empresa: S4 Correduría de Seguros e Xerencia de Riscos

Sector: Seguros

Tamaño: 37 empregados

Web:  http://s4net.com/

 

Ningún neno sen regalos na noite de Reis

imprimirCorreo electrónico

Descrición

O equipo de Tecalis levou a cabo o pasado Nadal unha iniciativa solidaria, colaborando coa campaña "Zocos e Trasnos" lanzada pola Oficina de Voluntariado do Concello de Ames. O obxectivo era que ningún neno quedara sen xoguetes na noite de Reis deste 2018.

A empresa lanzou unha campaña corporativa interna para implicar os empregados. Estes transformáronse en trasnos para colaborar coas Súas Maxestades na tarefa de facer realidade os soños dos máis cativos. Os empregados colaboraron de diferentes formas: renunciando á cesta de Nadal da empresa para ceder o equivalente económico para mercar os regalos, realizando achegas monetarias individuais, facendo un parón nas vacacións para envolver regalos, comprando regalos...

Impacto

Ningún neno de Ames que escribiu a carta aos Reis Magos quedou sen regalo (cobertura 100%), incrementouse o compromiso e a fidelización do cadro de persoal da coa empresa e coa contorna e implantáronse valores como a importancia do capital humano e o éxito obtido grazas ao traballo en equipo.

Empresa: Tecalis Innovación S.L.
Tamaño: 20 empregados
Sector: TIC
Web:  www.tecalis.com

Reto solidario rally Dakar 2018

imprimirCorreo electrónico

Descrición

O Indupanel Dakar Team, equipo oficial do rally Dakar 2018, participou nunha inciativa solidaria nas rexións de  Puno (Perú) e Salta (Arxentina), onde doou unha decena de equipos informáticos con fins educativos a 7 escolas locais. 

A empresa galega Revertia cedeu os computadores procedentes do reacondicionamiento de equipos usados  que realiza habitualmente e que contan con todas as garantías e licenzas de uso para que os nenos poidan utilizar este tipo de material e complementar a súa educación.

Nesta iniciativa solidaria tamén colaborou a a ONG suramericana “Un techo para mi país”, que se encargou de repartir os 10 ordenadores entre os centros educativos, así como da correcta xestión e aproveitamento do material nestas rexións.

O Indupanel Dakar Team foi recoñecido pola organización do Dakar pola súa aposta solidaria.

Impacto

Esta iniciativa conta con tres vertentes:

- Educación de calidade en rexións desfavorecidas. Entregáronse unha decena de ordenadores a diferentes escolas co obxectivo de facilitar a educación con ferramentas tecnolóxicas que permitan un mellor desenvolvemento educativo.

- Fomento da economía circular, evitando os residuos tecnolóxicos. Grazas ao reacondicionamento de Revertia evítase a emisión de 192 kilos de CO2 por cada equipo informático.

- Acceso a novas tecnoloxías en países desfavorecidos. Os equipos informáticos serán empregados en diferentes proxectos comunitarios, educativos e sociais. 

Empresa: Revertia / Indupanel Dakar Team
Tamaño: 4 empregados
Sector: Informático /Deportes
Web: www.revertia.es / www.indupaneldakarteam.com

 

Ecoworks Galicia

imprimirCorreo electrónico

Descrición

O compoñente ambiental e a inserción sociolaboral de persoas en risco de exclusión social son os dous piares sobre os que se asenta Ecoworks Galicia, unha iniciativa de ACOPROS, entidade sen ánimo de lucro da Coruña.

Grazas a esta idea, persoas con discapacidade transforman, a través dun proceso artesán, un refugallo como as lonas publicitarias de pvc nun produto con valor engadido para a súa venda, como son parasoles ou libretas e axendas. O proxecto nace da necesidade de dar a persoas con discapacidade unha saída profesional que permita a súa inserción socioeconómica na sociedade. Ademais, contribúese a xerar unha economía circular de forma que a actividade é ambientalmente sustentable e contribúe a dar unha segunda vida a residuos altamente contaminantes se non se xestionan adecuadamente. 

Impacto

A creación da cooperativa Ecoworks Galicia, que contou co apoio de Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas, supuxo a inserción laboral de 4 persoas con discapacidade. Valoración dos refugallos, coa cesión por parte de concellos e empresas das lonas, reducindo a posible contaminación e promocionando a economía circular.

Empresa: ACOPROS
Tamaño: 9 empregados
Sector: Asociación sen ánimo de lucro
Web:  www.acopros.org

Pictoaplicacións

imprimirCorreo electrónico

Descrición

Un membro do equipo quería comunicarse de forma máis efectiva e sinxela co seu fillo, diagnosticado con TGD - Autismo, pero as opcións dispoñibles non o convencían. Desta necesidade, e aproveitando a súa especialización no desenvolvemento de aplicacións para internet, xurdiu a idea das Pictoaplicacións de Grupo Promedia. 

O proxecto ten como propósito axudar a persoas con dificultades de expresión na linguaxe oral a progresar na comunicación e comprensión de coñecementos. Faino a través das novas tecnoloxías con diversas aplicacións desenvolvidas con pictogramas, todas elas gratuítas e de libre acceso. A empresa intenta que as súas aplicacións sexan o máis sinxelas e intuitivas posible, sen necesidade de ler complexos manuais para a súa utilización, e que se poida acceder a elas en calquera momento e lugar. As aplicacións procuran ser visualmente atractivas para que aumente o interese pola actividade, pero sen incluír distraccións no proceso para que a mensaxe chegue sempre o máis clara posible.

Impacto

As pictoaplicacións axudan as persoas con TEA e outros trastornos así como ás familias. Favorecen a súa inclusión a través do uso das novas tecnoloxías. A empresa conta máis de 500.000 usuarios das aplicacións no último ano, que proceden de 100 países distintos, especialmente de España e América Latina. Esta acción mellora a imaxe de marca da empresa ao tempo que achega valor e coñecemento ao sector TIC a través dun proxecto non lucrativo.

Empresa: Grupo Promedia
Tamaño: 3 empregados
Sector: Consultoría
Web: www.grupopromedia.es

Comunicación próxima

imprimirCorreo electrónico

Descrición

O obxectivo da empresa é que o persoal se sinta valorado no traballo, como persoa e como profesional. A idea baséase en supervisar constantemente o benestar do persoal mediante unha comunicación moi próxima coa xerencia. Por exemplo, a xerencia manda unha mensaxe de móbil para saber que tal foi a xornada. Trátase de comunicarse máis aló do estritamente profesional, tendo en conta as persoas.

Impacto

Alto grao de confianza, maior implicación na empresa e satisfacción do persoal.

Empresa: Limpocarr S.L.
Tamaño: 7 empregados
Sector: Limpeza
Web: limpocarr.es

Vehículos solidarios na gran recollida de alimentos

imprimirCorreo electrónico

Descrición

ViAQUA é unha empresa galega do sector do medio ambiente que xestiona todos os procesos relacionados co ciclo integral da auga, en constante innovación tecnolóxica e no uso sostible dos recursos de auga dispoñibles.

A idea está enmarcada nas recollidas de alimentos anuais para axudar a persoas desfavorecidas que organiza a Federación Galega de Banco de Alimentos (FEGABAN). Viaqua contribuíu na IV Gran recollida de 2016 con vehículos da frota da empresa e persoal voluntario para a recollida, traslado e posterior selección dos alimentos doados polos cidadáns en tendas de alimentación e supermercados das cidades de Santiago de Compostela, Ourense e Pontevedra.

Impacto

No ano 2016 recolléronse 600 quilos de alimentos que serviron para mellorar a situación de 400 persoas desfavorecidas de Galicia.

Empresa: Viaqua
Sector: Xestión da auga
Web: www.viaqua.gal

Economía social e creación de valor

imprimirCorreo electrónico

Descrición

O proxecto pretende dar a coñecer aos estudantes universitarios o valor que aportan a economía social en xeral e os centros especiais de emprego en particular. Ademais, trata de sensibilizar sobre as dificultades de participación social das persoas con discapacidade, especialmente no que ten que ver co acceso ao emprego.

En colaboración coas universidades de A Coruña e Santiago de Compostela realizáronse xornadas formativas e casos prácticos sobre centros especiais de emprego, que foron obxecto de estudo por parte do alumnado. Deste xeito, os participantes coñeceron a realidade deste tipo de empresas que, salvo pola súa misión e impacto social, non se afastan moito na xestión dunha empresa ordinaria. 

Impacto

  • Participaron 200 universitarios e realizáronse catro casos prácticos sobre centros especiais de emprego.
  • Forética seleccionou a iniciativa para a campaña Enterprise 2020 no eixo temático de "Habilidades para o emprego".

 

Empresa: Galega de Economía Social
Sector: Consultoría e asesoría
Tamaño: 25 empregados
Web: www.galegadeeconomiasocial.es

Paneis de cata solidarios

imprimirCorreo electrónico

Descrición

É unha iniciativa que nace en 2011 a raíz de contabilizar a cantidade de alimentos destruída na empresa trala realización de Paneis de Cata de Consumidores. Decídese darlle unha saída ao excedente de mostras comerciais de alimentos, facendo para iso un investimento en recursos humanos e materiais, ferramentas e loxística para unha xestión eficaz e un aproveitamento real para os beneficiarios do proxecto. Tómase contacto con comedores sociais e institucións benéficas e defínense metodoloxías de traballo. Comunícase aos clientes o fin do excedente de mostras para conseguir a súa aprobación e colaboración, capacítase ao persoal, desenvólvense aplicacións informáticas para xestionar as cantidades de alimentos dispoñibles, a súa manipulación, o seu almacenamento, o seu transporte, etc. 

A iniciativa "Paneis solidarios" impacta moi positivamente nos nosos grupos de interese. A acción está moi adaptada á situación económica actual, na que toda axuda é necesaria. Resulta "inmoral" desperdiciar cantidades enormes de alimentos en perfecto estado, cando hai organizacións que poden darlle un uso adecuado e beneficiar con iso aos máis necesitados. Por isto, cun pouco de conciencia solidaria, e coa participación e o apoio de empregados, clientes e provedores, modificáronse lixeiramente as metodoloxías de traballo para evitar un desperdicio e conseguir un beneficio social e ambiental de forma simultánea. 

Impacto

Doazón de comida aos máis necesitados, redución do desperdicio alimentario e da xeración de residuos. No ano 2015 doáronse 1.473 quilogramos de alimentos. Estímase unha media anual de máis de 9.000 racións de comida doadas nos últimos 4 anos.

Empresa: Ambical Proyectos
Sector: Consultoría e formación
Tamaño: 19 empregados
Web: www.ambical.com

  • 1
  • 2
Xunta de Galicia
Turismo de Galicia
mapaches

betebet yeni giriş, uno de los sitios de apuestas de confianza, tiene una amplia gama de servicios de apuestas. Forma autorizada de servir a sus miembros. El sitio https://girisadresi.mobi/betebet/ el gobierno de Curazao Opera en nuestro país a través de medios legales.
- agario - agario agario unblocked -nakliyat fiyatları çavuşoğlu evden eve nakliyat